quinta-feira, 13 de outubro de 2011

Lagarta, Lagarta presenta “Unha hora na vida de Stefan Zweig”


Será o venres ás 21.30h no Teatro Municipal Está interpretada por Ernesto Chao, César Cambeiro e Belén Constenla 
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30h, a representación de “Unha hora na vida de Stefan Zweig” da man da compañía Lagarta, Lagarta. Este espectáculo forma parte da programación cultural que organiza a Concellería de Cultura.
As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.
Lagarta, Lagarta con “Unha hora na vida de Stefan Zweig”
Data: Venres, 14 de outubro, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal
Entradas: 5€ e 3€ á venda en www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes. 

Sem comentários:

Enviar um comentário