A Casa da Xuventude vai recuperando neste comezo de outubro as súas actividades tanto a programación propia coma a das distintas asociacións que se imparten na casa. Así o explicaba a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín, na RMT dando conta de que precisamente as primeiras en iniciarse son as da Asociación de Amas de Casa con clases de pandeireta e taichi. A estas súmanse as de Corpo e Consciencia,e o curso de gaita de Asociación Gaideón. Xa no que respecta á programación da propia Casa da Xuventude temos que agardar a finais de semana a que se confirme a oferta. Por outra parte neste centro xuvenil seguen tendo a dispor da mocidade a información sobre as actividades organizadas para eles tanto por parte de institucións coma de distintos colectivos. Este é o caso Do V Encontro da Mostra Asociativa Xuvenil I Foro Emprende da Dirección Xeral de Xuventude. Será en Vilagarcía de Arousa. Haberá autobús dende Tui para acudir a esta cita o 28, 29 e 30 de outubro. |
quinta-feira, 13 de outubro de 2011
COMEZAN DISTINTOS CURSOS NA CASA DA XUVENTUDE DE TUI
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário