O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, foi investido onte á tarde no salón de sesións da Casa do Concello coma primeiro Confrade Maior de Iacobus, Confraría de Santiago de Tui e do Baixo Miño. O acto celebrouse en presenza dos membros da confraría e contou coa presenza de diversos concelleiros do equipo de goberno.
Moisés Rodríguez tras recibir un diploma artesán onde se recolle o nomeamento, e o bastón de peregrino, salientaba que acepta este nomeamento en representación de todos os tudenses, e animaba á confraría a seguir traballando a prol do Camiño xacobeo de peregrinación. Salientaba por outra parte a intensa relación que ten Tui co Camiño de Santiago dende os seus inicios na Idade Media e que cada día acada unha maior relevancia como testemuñan os milleiros de peregrinos que neste ano están pasando pola nosa cidade. Sobre o nomeamento coma confrade maior manifestaba que é unha honra non merecida o que lle provoca unha gran responsabilidade.
Esta Confraría de Santiago – Iacobus é un proxecto nado no Baixo Miño para promover a acollida aos peregrinos, tanto a os que inician aquí o seu camiño como aqueles que chegan dende Portugal. Amais de promover o culto ao Apostolo Santiago, pretende promover actividades en torno ao Camiño xacobeo destinadas a potencializar o seu significado material e espiritual.
Sem comentários:
Enviar um comentário