segunda-feira, 17 de outubro de 2011

O “I ENCUENTRO INTERNACIONAL DE ENCAJERAS” DE TUI O VINDEIRO SÁBADO 22 DE OUTUBRO REUNIRÁ A MÁIS DE 600 PALILLEIRAS


O Alcalde de Tui Moisés Rodríguez acompañado dos concelleiros: Nicolás Lorenzo, Manuel González, Jose Angel Villaverde e Olga Montes e a Xunta Directiva da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, presentarin esta mañá o: "Encuentro Internacional de Encajeras" que se vai a celebrar o próximo 22 de outubro na nosa cidade
Na presentación a presidenta da Asociación de Palilleiras, Salomé Álvarez aseguraba que mais de seiscentas palilleiras se van dar cita en Tui nesta xuntanza e que teñen unha lista de espera de mais de cen persoas ata ter a certeza de que o espazo do que dispoñen é suficiente para acollelas . Ademais das palilleiras tamén estarán presentes uns coarenta profesionais do sector que instalarán postos de venda de produtos relacionados co encaixe.
Haberá palilleiras chegadas desde practicamente toda España, por suposto de toda Galicia e tamén de Portugal; cabe salientar a presenza dunha representación de “rendilheiras” de Peniche-Portugal que, por vez primeira, acudiran a unha xuntanza fora do seu pais, e tamén un grupo de chegado desde Camariñas, que tampouco adoitan asistir ás xuntanzas de palilleiras.
Como curiosidade sinalar que unha artesá do liño de Vimianzo acudira a esta xuntanza con un tear co que traballará en directo, amais mostrará un traxe de noiva realizado en liño, esta muller esta considerada unha referencia no mundo do traballo do liño en Galicia
Pilar García vicepresidenta e Cani Carnero secretaria da Asociación de Palilleiras, deron conta da gran ocupación hoteleira que vai ter Tui nesa fin de semana, con algúns estabelecementos que están practicamente cheos, ademais das numerosas reservas nos distintos restaurantes da cidade, asegurando que este primeiro encontro de palilleiras é unha boa oportunidade de negocio para Tui.
O lugar onde se vai celebrar este “I Encuentro Internacional de Encajeras de Tui” éunha nave industrial,cedida por un particular, que está situada ao carón do Pavillón Municipal. Este Encontro abrirá as súas portas o sábado ás 9.00h e pechará ás 19.00h, cunha pausa para o xantar entre as 14.00h e as 16.00h, durante toda a xornada as palilleiras estarán traballando cara o público e haberá distintas demostracións xunto con sorteos entre os participantes e entrega de diplomas ao remate de xornada.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, felicitou ás organizadoras por esta iniciativa, pola ilusión con que acometeron a preparación deste evento e asegurou que este Encontro sen dubida vai favorecer a Tui, tanto polo negocio que poidan xenerar os participantes como polo feito de dar a coñecer o noso Concello, dicía que este encontro vai ser un acontecemento cultural e turístico de primeira categoría

Sem comentários:

Enviar um comentário