quinta-feira, 6 de outubro de 2011

Fulano, Mengano e Citano presenta en Tui “”Viva a crise!”


As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 5 e 3€ A función será o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal
A compañía Fulano, Mengano e Citano volve este sábado a Tui para presentar no Teatro Municipal de Tui a súa última montaxe ”Viva a crise!”. A función comezará ás 20.30h e durante 70 minutos está garantido o humor e as risas características deste trío de actores.
As entradas para o espectáculo custan 5€ e 3€ e pódense adquirir na web www.culturatui.info, ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes.
Fulano, Mengano e Citano con “Viva a crise!”
Data: Sábado, 8 de outubro, ás 20.30h
Lugar: Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica
Entradas: 5€ e 3€
Á venda en www.culturatui.info ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes.    

Sem comentários:

Enviar um comentário