quarta-feira, 19 de outubro de 2011

O CENTRO DE SAÚDE DE TUI SUSPENDE AS REVISIÓNS DOS NENOS MAIORES DE DOUS ANOS POR MOR DOS RECORTES EN SANIDADE

A deputada do BNG, Carme Adán afirma que na porta da consulta de pediatría un cartel informa aos usuarios e usuarias dese servizo que -a causa dos recortes orzamentarios da Consellería de Sanidade non se realizarán revisións a nenos/as maiores de dous ano  
A deputada do BNG, Carme Adán rexistrou unha iniciativa parlamentaria ao fin de coñecer os motivos da Consellería de Sanidade para impedir que o servizo de pediatría do Centro de Saúde de Tui realice revisións aos nenos e nenas maiores de dous anos.
Adán salienta que este centro soporta unha sobrecarga de traballo dende hai bastantes anos que provoca grande preocupación entre os e as traballadores e os usuarios e usuarias.
Por outra parte, o servizo de pediatría permanece "baixo mínimos" a pesar de seren aprobada unha iniciativa por unanimidade no Parlamento galego, a instancias do BNG, pola que se instaba á Xunta de Galiza a realizar as necesarias xestións para a contratación, durante o ano 2010, un/ha novo/a pediatra para o centro de Saúde de Tui.
A nacionalista afirma que visto que esta contratación non se produciu, "a situación empeorou" e agora mesmo hai un cartel na porta da consulta de pediatría que informa que "a causa dos recortes orzamentarios da Consellería de sanidade non se realizarán revisións aos nenos e nenas maiores de dous anos".
Carme Adán preguntará ao Goberno galego polo dereito dos nenos e nenas adscritas ao Centro de Saúde de Tui a realizaren unha revisión se superan os dous anos e se a Consellería de Sanidade vai cumprir co compromiso de contratar a un/ha pediatra como figuraba na resolución da Cámara galega no ano 2010.
in Infominho

Sem comentários:

Enviar um comentário