segunda-feira, 14 de novembro de 2011

A AULA DA UNED DE TUI ORGANIZA ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA: “TALLER DE AGRICULTURA ECOLÓGICA” E “TALLER DE PROGRAMAR POR COMPETENCIAS”


A Aula da UNED de Tui organiza para este primeiro trimestre do curso 2011-2012 diversas actividades de extensión universitaria que promoven a formación para diversos grupos e colectivos interesados
Taller de programa por competencias”, que pretende introducir ao profesorado no deseño por competencias e na metodoloxía de deseño de proxectos a través dun traballo colaborativo nos centros educativos con apoio de toda a comunidade educativa.
Este obradoiro terá lugar os días 19 de novembro, 9 e 10 de decembro, cunha duración de 12 horas lectivas.  O sábado 19 de 9.30h a 13.30h Mª Teresa Neira falará sobre “Desenvolvemento de proxectos colaborativos nos centros educativos: traballo con proxectos versus proxectos de traballo”. O venres 9 de decembro, de 17 a 21h, Florencio Luengo Horcajo presentará o proxecto ComBas e Atlántida. Por último o sábado 10 de decembro de 10 a 14h Mª Teresa Domínguez Pérez dará conta das “Pautas de organización de proxectos colaborativos en centros. Deseño de unidade de programación baseadas nas competencias básicas”.
Taller de agricultura ecológica” os obxectivos deste obradoiro son: coñecer as técnicas de mellora do solo, aprender a realizar compostaxe e os seus beneficios, control de pragas e enfermidades en agricultura ecolóxica, técnicas de poda e de enxerto, procesos de elaboración de mostos, etc.
Sera impartido por José Álvarez Rey, da bodega Val Remesal, S.L. de Tui, Sergio Horacio Quiroga, enxeñeiro técnico agrícola, e Concepción Rodríguez Álvarez, bióloga e titora da UNED. O obradoiro se impartirá os días 26 de novembro, e 16 e 17 de decembro.
Para participar nestes obradoiros, que se imparten na sede da Aula da Uned de Tui no antigo convento de San Domingos, cómpre realizar a matricula on-line a través da páxina http://www.extensionuned.es/ e abonar 20 € en concepto de matrícula.
Estas actividades de extensión completan a oferta formativa que realiza para os veciños de Tui e a súa comarca este centro universitario tudense. Para a concelleira de educación do concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pérez, grazas á presenza na nosa cidade desta Aula Universitaria de Tui, promovida polo concello tudense, existe na nosa cidade unha oferta de educación formal, por medio do curso de acceso á universidade, pero tamén interesantes propostas formativas como a destes obradoiros destinadas ao público en xeral e para contribuír á súa formación profesional ou ao seu enriquecemento persoal. 

Sem comentários:

Enviar um comentário