Na mañá de hoxe, martes 22 de novembro de 2011, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolleu a presentación aos medios de comunicación da exposición, organizada pola Escola Superior Galaecia de Vilanova de Cerveira, que baixo o título “Arquitectura religiosa para século XXI” recolle unha escolma das propostas presentadas á segunda edición do “Concurso de arquitectura religiosa” organizado por TUREL (Turismo Religioso) e que ofrece proposta para a construcción dun santuario.
Neste acto participaron o director da Escola Superior Galaecia, Rui Correia, a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Perez, e a xerente de Acitui, Angela Estévez Gonzalez.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar, entre estudantes de arquitectura, a revitalización e valorización da construcción de edificios e espazos sagrados e tomar consciencia das potencialidades que estes locais teñen para cativar as persoas. Aspectos relevantes nas propostas presentadas: o concepto arquitectónico; a creatividade demostrada nos traballos presentados; a cultura arquitectónica e capacidade técnica demostrada nos traballos participantes; a exelencia técnica e financeira da solución proposta.
As propostas de Arquitectura, de Design e de Artes Plásticas nesta exposición, son o resultado da participación dos estudantes da ESG, no Concurso Público Internacional sobre Arquitectura Religiosa – “Arquitectura em Lugares Sagrados", de TUREL, destinado a estudantes de Arquitectura. Esta participación da ESG, cos seus estudantes do 3º ano do Mestrado Integrado en Arquitectura e Urbanismo, mereceu o 1º Prémio e Menção Honrosa.
Esta mostra de propostas arquitectónicas chega gracias á colaboración da Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui (Acitui) e a Concellería de Cultura do Concello tudense. Para a súa responsable, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta mostra a Sala Municipal de Exposicións do Concello continúa ampliando a súa oferta expositiva que abrangue agora estes proxectos arquitectónicos, pois a pretensión municipal é ofertar aos cidadáns tudenses un amplo abano de propostas de caracter artístico e cultural ao longo do ano, para que así xunto ás mostras de pintura ou fotografía poidamos ollar en Tui outro tipo de propostas de interese cultural como é o caso desta mostra de “Arquitectura Religiosa para o século XXI”.
Sem comentários:
Enviar um comentário