O Concello de Tui convoca un ano máis as axudas destinadas a financiar os gastos de matrícula no Conservatorio de Grado Medio para favorecer o acceso ás ensinanzas musicais a todos veciños, especialmente aos integrantes das familias cun menor nivel de ingresos económicos. O orzamento municipal para estas bolsas elévase aos 7.000 euros.
Dende hai anos ven realizando o Concello tudense este programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar a algunhas familias deste termo municipal mediante a concesión destas bolsas en réxime de concorrencia competitiva a levar adiante os seus estudios musicais.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o vindeiro día 17 de novembro de 2011, e as bases reguladoras destas axudas pódense consultar no taboleiros de anuncios do Concello e do Conservatorio así como na páxina web do Concello de Tui (http://concellotui.org/php/anuncios.php?id=279)
Os obxectivos son:
- Que os alumnos/as pertencentes a familias cun baixo nivel de ingresos teñan acceso a beca.
- Realizar un seguimento daquelas familias que se detecten de alto risco e unha análise da poboación demandante e valoración das súas necesidades.
- Con esta convocatoria de axudas o Concello de Tui, a través das concellerías de Educación e Servizos Sociais, promove de forma eficaz a igualdade de oportunidade no acceso aos estudios musicais, que posúen xa unha longa tradición na nosa cidade, e procura que os recursos económicos non poidan comprometer o acceso dos cidadáns tudenses á educación e á cultura.
Sem comentários:
Enviar um comentário