quarta-feira, 9 de novembro de 2011

O venres entréganse os diplomas do curso de iniciación ao castelán para mulleres estranxeiras


A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui informa, a través da Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados, que o próximo venres día 11, ás once da mañá, no salón de plenos do Concello, terá lugar o acto de entrega de diplomas do curso de iniciación ao castelán no que participaron 12 mulleres estranxeiras deste municipio, e que se impartiu o pasado mes de outubro nas Aulas da Uned – Tui.
Con este curso, que contou co financiamento do Ministerio de Traballo e Inmigración e da Secretaría Xeral da Emigración, pretendeuse favorecer a integración social das mulleres inmigrantes que se encontran en situación de especial vulnerabilidade, agravada pola barreira que o descoñecemento do idioma supón para a comunicación e o desenvolvemento de calquera actividade da vida diaria e o establecemento de relacións sociais. 

Sem comentários:

Enviar um comentário