A compañía redondelá Tanxarina Títeres regresa este venres, ás 20h, ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena “Trogloditas”. Tratase dunha obra de monicreques e actores recomendada para público familiar a partir de 5 anos.
Durante os corenta e cinco minutos que dura a función Tanxarina lévanos ata o primeiro teatro da prehistoria, unha cova onde viven tres trogloditas. Da man dos monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento. O resultado é un espectáculo cheo de humor e tolería.
As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 3€ e 2€ ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h. Tanxarina Títeres con “Trogloditas”
Data: Venres 11 ás 20h
Lugar: Teatro Municipal
Venda de entradas na web www.culturatui.info ou venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.
Sem comentários:
Enviar um comentário