O Concello de Tui deu por rematado o acordo co Tyde F.C. sobre a xestión da Escola Deportiva Municipal de fútbol. Esta Escola Deportiva, ao igual que as de patinaxe de balonmán son financiadas pola Deputación través de convenios cos diversas Federacións deportivas que son as que asumen o pagamento aos monitores. O Concello de Tui pola súa parte faise cargo unicamente da cesión das instalacións deportivas e a selección dos deportes entran nesta modalidade financiada polo organismo provincial.
Os motivos que levaron a toma desta decisión son un desacordo co Tyde FC, como entidade responsable da xestión da Escola, logo dunha denuncia realizada diante do Concello pola que se tivo coñecemento que se incumprían as cláusulas do acordo establecido entre Concello e Tyde. Esta decisión foi posta en coñecemento da Deputación Provincial de Pontevedra. O feito de que esta ruptura do acordo se produza unha vez comezado xa o curso imposibilita que poida pórse en marcha outra Escola Deportiva de fútbol.
A Concellería de Deportes, cuxo responsable leva no seu posto dende finais do pasado mes de xuño, asumiu a continuidade destas Escolas Deportivas que a Deputación de Pontevedra ofertaba na cidade nas modalidades de balonmán, patinaxe e fútbol.
Dende o Concello quérese desmentir rotundamente que a denuncia do BNG “dun uso fraudulento do diñeiro por parte do Concello” xa que en ningún momento o Concello asume a xestión económica destas axudas ou convenios. O Concello de Tui, a través do seu concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, Montes, pide desculpas aos rapaces afectados –que supoñen menos do 1% dos participantes nesa Escola deportiva- e garante unha ampla oferta de actividades deportivas para os nenos tudenses a través das outras escolas municipais e das actividades que promove.
Para Nicolás Lorenzo resulta curiosa a denuncia formulada polo BNG tendo en conta que o seu voceiro é tamén membro da Xunta Directiva do Tyde FC e por tanto coñecedor directo desta problemática. Realmente o “fraudulento, falso ou tendencioso” é a manipulación que dun problema concreto realiza ao BNG con esta falsa denuncia.
A Concellería de Deportes comezou xa a traballar para que no vindeiro curso os nenos e mozos de Tui poidan contar cunha axeitada oferta de actividades e escolas deportivas que incremente a oferta actual na que participan un total de 400 nenos e nenas de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário