O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, diante das informacións publicadas no día de hoxe nalgúns medios de comunicación no que falsamente se afirma que este Alcalde foi imputado nunha nova entrega do coñecido como “caso Patazumba” vese na obriga de manifestar para pleno e veraz coñecemento da opinión pública:
1. O xuíz ditou un Auto no caso Patazumba que “desestima en boa medida, pero non toda” a reforma interposta pola acusación particular Arcebispo Lago contra o Auto de arquivo, pero nel non se efectúa ningunha imputación, nin do actual alcalde de Tui nin do seu antecesor por ningún delito.
2. Nese Auto non se imputa nin ao actual alcalde de Tui nin ao seu antecesor un delito contra o patrimonio histórico.
3. No citado Auto ponse de manifesto, sen xénero de dúbidas, que todas as actuacións realizadas por parte do anterior alcalde de Tui, como polos seus concelleiros e os funcionarios municipais que estaban a ser obxecto de investigación, “desde o prisma administrativo áchanse amparadas en Dereito e, en consecuencia, penalmente tamén”.
4. Esta mesma resolución considera que “resulta incompatible a persecución penal dunhas accións que a xurisdición contencioso-administrativa, con carácter firme bendixo”, amparándose na Sentenza da Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 9 de outubro de 2008 que (como afirma o Auto do Xulgado e en contra do que manifesta a asociación Arcebispo Lago, que exerce a acusación particular nesa causa), declarou conforme a dereito a actuación urbanística, tanto en relación aos estudos de detalle das unidades de execución 1,2,3 e 5, como “aos cambios operados nos sistemas de actuación, de compensación a concerto”, como “na modificación das alturas ou número de plantas máximas permitidas”.
O alcalde de Tui resérvase o dereito a interpor as accións legais oportunas ante este tipo de falsidades.
Sem comentários:
Enviar um comentário