quarta-feira, 16 de novembro de 2011

Talía Teatro presenta “Pelos na lingua”


O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30h, a representación da comedia “Pelos na lingua” da man de Talía Teatro. A obra recomendada para público xuvenil e adulto está dirixida por Avelino González e interpretada por María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo.
Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto. Na creación deste espectáculo traballaron distintos autores e autoras galegas. O resultado é unha obra estruturada en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega.
Pelos na lingua” é un espectáculo áxil, dinámico e fresco. Segundo explica a compañía vai dirixido a todo o mundo aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, ... a todos e todas.
As entradas para esta representación está xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h e o venres dende ás 20h no despacho de billetes, ao prezo de 5€ e 3€.
Talía Teatro con “Pelos na lingua”
Data: Venres 18, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal
Entradas á venda na web www.culturatui.info ata o venres 13h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€. 

Sem comentários:

Enviar um comentário