Os 10 inscritos poderán vivir e compartir o proceso de construción dunha escultura de vimbio que dotará á Catedral de arte contemporánea.
Xoves 6 e venres 7 a Catedral de Tui acollerá a residencia artística participativa de Idoia Costa. Os 10 inscritos poderán vivir e compartir o proceso de construción dunha escultura de vimbio que dotará á Catedral de arte contemporánea. Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014, inspírase na cestería e na técnica de niño nas súas diferentes creacións de téxtil e decoración, traballos cos que ten asinado colaboracións coa artista Sara Coleman ou a marca Loewe.
A inscrición realízase na web http://artesaniadegalicia.xunta.es/actualidad/formacion/escultura-en-vimbio ou no teléfono 881.999.171, cun custo de 30€ para público xeral e 20€ para artesáns acreditados.
Sem comentários:
Enviar um comentário