A competición amigable terá lugar ás 9h. deste sábado 8 de agosto, na lagoa de Caldelas de Tui
Este sábado 8 de agosto, na lagoa de Caldelas de Tui, terá lugar o “I Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha”, de carácter amigable, organizado pola sección feminina de kaiak polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui.
A día de hoxe aínda están abertas as inscricións. Na competición participarán os equipos Xuvenil de As Pontes, Combarro, Rodeira de Cangas, Piraguamadrid de Madrid (feminino), e os equipos do Club organizador, Penedo A (feminino) e Penedo B de Tui.
O torneo empezará ás 09.00 horas, tendo prevista a entrega de trofeos a partir das 19.00 horas.
Sem comentários:
Enviar um comentário