O Concello de Tui, co gallo de proporcionar unha maior atención aos turistas e visitantes que se achegan á cidade, abre un novo punto de información turística na Praza da Inmaculada. Este novo espazo de información estará aberto de luns a venres en horario de 8.30h. a 13.30h.
Por outra banda, o novo tren turístico que conecta á Eurocidade Tui-Valença mudará a súa parada en Tui. Farao no punto de información turística, situado na Praza da Inmaculada, de 11h. a 13h e de 17h. a 19h.
Sem comentários:
Enviar um comentário