terça-feira, 29 de dezembro de 2015

A Banda de Música Popular de Tui e o Coro Mistura Vocal despiden o ano musicalmente en Tui

Este mércores, 30 de decembro, celébrase o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal 
A Banda de Música Popular de Tui e o Coro Mistura Vocal serán as dúas agrupacións encargadas de pechar musicalmente o 2015 en Tui co Concerto de Fin de Ano que se celebra este mércores, 30 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui. 
As entradas para este evento musical están xa á venda, ao prezo de 3,5€ e 2,5€, en www.culturatui.info ata o mércores ás 13h. Poderán mercarse tamén  no despacho de billetes o mércores dende ás 19.30h. 
O Coro Mistura Vocal, dirixido por Aloia Martínez, naceu en outubro de 2014 ofrecendo o seu primeiro concerto hai agora un ano. Neste tempo tense consolidado coma un coro independente no que os seus integrantes inician unha nova etapa con enerxías renovadas e ambicións de futuro. O programa que van interpretar este mércores é o seguinte: 
Es Ist Ein Ros Entsprungen               Arm. Michael Praetorius
In Dulci Jubilo R. Pearsall
Tempo De Nadal                             Julio Domínguez
White Christmas Irvin Berlin/Hector Mccarthy
Aritz Adarrean Texto Trad. Euskadi/Mús. Julen Ekurra 
Duérmete Que Viene Preguntando Javier Busto 
Cantiga De Noiteboa Julio Domínguez
Noel Nouvelet                             Trad. Francia/Arm. Philip Lawson
The Holly And The Ivy Trad. Inglaterra/ Arm.Audrey Snyder
Deck The Hall                                 Arr. Audrey Snyder
Medianoite Máxica                           Julio Domínguez
Durante dúas das pezas que interpretará o Coro Mistura Vocal actuarán bailaríns da Escola de Danza Paula Cobián. 
A Banda de Música Popular de Tui  afunde as súas raíces a finais do século XIX, pasando ao longo da súa historia por distintas vicisitudes que a levaron a desaparecer nun par de ocasións. Mantén unha actividade estable e continuada dende os anos 80 tendo na Escola de Música e no Conservatorio Profesional de Música de Tui o berce de moitos dos seus músicos. Dirixe esta  agrupación Adolfo Besada. No concerto deste mércores  ofrecerán:
Ande Marimorena
My Way Claude François
Do Re Mi Richar Rodgers
Vals Emperador Johan Strauss
Vals Rosas Del Sur Johan Strauss
Vals Danubio Azul Johan Strauss
Marcha Radetzky Johan Strauss
Amais o Coro Mistura Vocal e a Banda de Música Popular de Tui ofrecerán de xeito conxunto Adeste Fidelis, Da Rosa Rosiña, Ave María e Stille Nacht. 
Concerto de Fin de ano
Data: Mércores, 30 de decembro, ás 21h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
A cargo do Coro Mistura Vocal e da Banda de Musica Popular de Tui, coa participación da Escola de Danza Paula Cobián
Venda de entradas en www.culturatui.info ata o mércores ás 13h ou o mércores dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Sem comentários:

Enviar um comentário