A
concellería de Turismo do Concello de Tui vén de publicar un
díptico turístico, cunha tirada de 2000 exemplares, con información
sobre a Ruta Xudía da cidade.
A
comuna xudía medieval de Tui tivo unha gran importancia na cidade,
deixando unha ampla herdanza cultural que fai de Tui o principal
núcleo xudeu e xudeuconverso de Galicia. Asemade, a comunidade xudía
tudense destacou pola súa integración, convivindo cos cristiáns
sen que houbese conflictos durante a Idade Media. O exemplo máis
importante desta integración está na Catedral de Tui, onde no
claustro gótico se conserva gravada unha menorá ou candeeiro de
sete brazos, testemuña da cooperación da comunidade xudía co poder
político e económico da cidade.
Na
portada do díptico pódese ver unha imaxe da cidade dende o río
Miño e na contraportada, oito fotografías entre as que se atopa o
Patio da Sinagoga, a Casa de Moisés e Aarón que data do século XV,
a Casa de Salomón, a Torre do Xudeu ou a menorá no claustro da
Catedral. No interior do díptico está dispoñible un mapa da Ruta
Xudía tudense, onde se sinalan os principais puntos de referencia do
legado xudeu e unha ampla descrición de cada un dos elementos tanto
do patrimonio relixioso coma civil.
Os
dípticos informativos, cunha tirada total de 2000 exemplares,
estarán dispoñibles na Casa do Concello e na Oficina de Turismo de
balde.
Cómpre
lembrar que Tui se suma dende hai uns anos no mes de setembro á
celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía celebrando rutas
guiadas e outras actividades entorno ao patrimonio xudeu da cidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário