O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza para o mes de xaneiro un curso de “Deshabituación Tabáquica”. Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servizos Sociais ou no teléfono 986603625 e o prazo remata o día 8 de xaneiro. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar. Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ó complexo proceso de abandono.
O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, os mércores de 18.30 a 20.00 horas. Durante o mes de xaneiro cada participante fará primeira entrevista coa terapeuta, e o curso dará comezo o día 27 de xaneiro. Para poder levar a cabo o curso, necesítase un número mínimo de 12 persoas participantes.
Dende a Concellería de Servizos Sociais, anímase a todas aquelas persoas que queren deixar de fumar e non o consegue, a participar neste curso, pois este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.
Sem comentários:
Enviar um comentário