Este domingo, 27 de decembro, celebrarase a IV Camiñada Solidaria
Tui-Valença-Tui, organizada un ano máis polo Club AndaTui Rego da
Pedra, en colaboración co Concello de Tui e da Cámara Municipal de
Valença. Sairá ás 10.30 horas españolas dende o palco do Paseo da
Corredoira para facer un percorrido aproximado de 7 quilómetros, de
dificultade baixa.
Novamente
a andaina terá carácter solidario, dado que todos os participantes
terán que achegar alimentos que serán doados a asociación SOS
Tomiño - Baixo Miño.
Esta
información pódese ampliar na web do club organizado en
www.andatui.es
Sem comentários:
Enviar um comentário