O calendario deportivo da Eurocidade do ano 2015 pechará coa
realización do primeiro Torneo de Xadrez da Eurocidade, organizado
polos clubes de xadrez de Tui, en colaboración coa Eurocidade
Tui-Valença e Xadrez Galego. Nesta competición enfrontaranse 100
participantes de Portugal e Galicia nas distintas categorías.
Este
torneo comezará ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na
praza da República de Valença, onde se xogarán as tres rondas
matinais. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, na sala
de exposicións da Área Panorámica en Tui, disputaránse catro
rondas finais. O acto de clausura está previsto a partir das 20.00
horas españolas.
O
torneo contará coa participación de Henrique Aguiar, tricampeón de
Portugal, Mariana e Inés Silva, campioas de Portugal, Rubén
Fernández, subcampeón de España e bicampeón de Galicia, e Avelino
Leirós excampeón de Galicia Absoluto (1984/85) e Veterán (2014),
xogador do Uni.Vigo, equipo tricampeón de Galicia (2012/13/15) que
milita na 1ª Div.Nacional.
A
maiores da celebración do torneo, realizaranse outras actividades de
promoción do xadrez, con partidas rápidas entre as persoas que
desexen participar e para os cativos haberá un xadrez xigante.
En
relación á promoción do deporte do xadrez, mañá xoves 17, ás
11.00 horas, na sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, un grupo
de 60 alumnos e alumnas do IES San Paio de Tui, recibirán unha clase
formativa de xadrez, impartida polo profesor Emilio Pazo, responsable
do Club Xadrez Tui. Tras as festas do Nadal esta acción repetirase
cos alumnos/as da escola de Valença, coa intención de promocionar
este deporte entre os escolares valencianos.
I
Torneo De Xadrez Eurocidade
Sábado,
19 de decembro
- Ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença xogaranse tres rondas matinais.
- Ás 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui, disputaránse catro rondas finais.
- Ás 20h Acto de clausura
Sem comentários:
Enviar um comentário