quinta-feira, 17 de dezembro de 2015

A Biblioteca Municipal de Tui abre o prazo de inscrición para a sesión de contacontos que terá lugar o día 21

A Biblioteca Municipal de Tui abre o prazo de inscrición para o obradoiro de contacontos e ilustración que terá lugar o vindeiro luns, 21 de decembro, ás 18h na Biblioteca Municipal de Tui. A entrada é de balde.
Esta sesión, realizada pola compañía Tarabelos, vai dirixida a nenos e nenas maiores de 6 anos e terá unha duración total de 90 minutos. En total hai 25 prazas dispoñibles.
Os interesados poden formalizar a súa inscrición na Biblioteca Municipal, chamando ó teléfono 617 498 103 ou no correo electrónico biblioteca@concellotui.org 

Sem comentários:

Enviar um comentário