A duodécima edición do consolidado festival terá lugar do 13 ao 17 de abril próximos en Tui (Pontevedra)
Play-Doc Festival Internacional de Documentais pechou a pasada semana o seu plazo para presentar obras. Responderon a esta chamada máis de 500 cineastas de 85 países de todo o mundo, especialmente de Europa e América en grandes números, e en menor medida propostas de Asia, África e Oceanía. Play-Doc caracterízase por contar en cada edición cunha sección competitiva diversa, que integra títulos de varias procedencias e estilos, sempre no ámbito do documental de autor máis vangardista e arriscado.
Play-Doc cumpre xa 12 anos, nos que soubo aunar o seu grande éxito de público cun importante recoñecemento nacional e internacional, o que o converteu nunha das citas obrigadas dentro do panorama de festivais en toda España. Son habituais as súas colaboracións con otros importantes festivais como Sarajevo, Jihlava ou Dokufest. Hai dous anos a iniciativa Best Fest Film Series de Nova York, que selecciona os 10 certámenes máis interesantes de cada tempada en todo o mundo, elixiuno polo seu grande traballo en 2013.
Amais de contar cunha coidada selección de títulos de cada tempada, o certame é coñecido por traer a España a grandes lendas do xénero documental, como Artavazd Pelechian, Albert Maysles, Jay Rosenblatt ou Lech Kowalski, que foron os protagonistas de anteriores edicións.
Para 2016, o festival xa ten un nome en mente, que anunciará en xaneiro. Trátase dun cineasta de prestixio, que contará amais cunha publicación bilingüe en inglés e español, editada polo festival; a primeira monografía que se lle dedica – mesmo en inglés – a un artista que leva acumulando eloxios de importantes críticos e colegas realizadores dende finais dos 70.
O resto de títulos que se integrarán nas diferentes categorías que conformarán a selección do festival para a súa edición de 2016 iranse dando a coñecer nos próximos meses.
Incertidume orzamentaria
Sorprende que a pesar da súa notable traxectoria, do grande respaldo popular e de ser considerado un grande referente da cultura en Galicia, o festival siga convivindo cunha delicada situación orzamentaria que cada ano pon en risco a realización do mesmo.
O festival tudense xa está traballando na procura de finanzamento público e privado así como a colaboración doutras entidades para levar a cabo o seu ambicioso programa, mais de cara a esta nova edición volven ser moitas as incógnitas en canto aos apoios institucionais se refiere e así, dende a organización manifestan a súa seria preocupación pola falta de noticias por parte de, entre outros, a Xunta de Galicia ou a Deputación de Pontevedra, cos que aínda non conseguiron reunirse.
Sem comentários:
Enviar um comentário