segunda-feira, 21 de dezembro de 2015

A XUNTA DESTACA O COMPROMISO DA EMPRESA IBEREMBAL COA CREACIÓN DE RIQUEZA E EMPREGO INDUSTRIAL EN TUI

O director do Igape, Javier Aguilera Navarro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacaron hoxe, durante a súa visita ás instalacións de Iberembal, o compromiso da empresa tudense coa modernización e a creación de riqueza e emprego industrial na comarca, en sintonía co desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0. que se está a na procura da fábrica intelixente.
Durante o percorrido polas instalacións da empresa especializada en fabricación de envases metálicos para a industria de alimentación, Aguilera Navarro salientou a importancia da innovación continua, especialmente na industria, e subliñou o amplo catálogo de instrumentos que ofrece o a Xunta para facilitar a mellora da competitividade e a internacionalización das empresas galegas.
Neste sentido, lembrou que o Consello da Xunta aprobou a pasada semana a activación do programa Resolve, para facilitar o financiamento de circulante mediante préstamos avalados, e a ampliación de fondos para o programa de préstamos Jeremie, destinado a financiar investimentos de emprendedores e de pemes.
Pola súa banda, o delegado territorial destacou a importancia da posta en marcha de empresas como Iberembal, que o ano pasado facturou 22 millóns de euros, e subliñou, como un valor engadido, que sexa "unha empresa con alto contido medioambiental, comprometida co seu entorno e que poida xestionar residuos de cara a darlles unha nova vida".
Iberembal pertence ao grupo de orixe francés Massilly, especializado en fabricación de envases metálicos para alimentación, principalmente para verduras e pescados. Na actualidade o grupo factura arredor de 300 millóns de euros e emprega a máis de 1.200 persoas en máis de 25 empresas localizadas en diferentes puntos de Europa, Canadá, Perú, India, Sudáfrica, Ghana ou Marrocos.
in Infomiño

Sem comentários:

Enviar um comentário