segunda-feira, 21 de dezembro de 2015

O Concello de Tui entrega os premios ós gañadores do concurso Relación home-muller 100% positiva

O Concello de Tui vén de facer entrega dos premios do VIII Concurso fotográfico-literario Relación home-muller 100% positiva, organizado pola concellería de Servizos Sociais. 
O certame constaba de dúas categorías, unha destinada a maiores de idade e outra para menores de idade.  A fotografía “Compañeiros” de Bibiana Rodríguez dos Santos foi a gañadora na categoría de adultos, mentres que o poema “Reflexión” de Martín Carrera Montero fíxose co premio na categoría infantil. .
A gañadora dentro da categoría de adultos, Bibiana Rodríguez dos Santos, recibiu un premio de 300 €. en metálico. Pola súa parte, Martín Carrera Montero, dentro da categoría infantil, levou un agasallo por valor aproximado de 300 €.
Con este concurso a concellería de Servizos Sociais resaltou que aínda que, desgraciadamente, existen vítimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son non violentas. Con esta campaña o Concello de Tui fomentou este tipo de relacións, para acabar entre todos coa violencia machista. 

Sem comentários:

Enviar um comentário