O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizará este domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.
Neste
festival realizarán exhibicións os grupos de competición do club e
das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de
Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén
coa visita especial de Papá Noel e outras sorpresas.
Por
outra parte o CPA Ribex participará este sábado, 19 de decembro, na
presentación das seccións do Club A Quinta de Tui FS. Tres dos
grupos do club de patinaxe actuarán entre os partidos que se
disputarán no pavillón novo. Ás 18h xogarán os equipos de fútbol
sala sénior local, e ás 20.30h o sénior autonómica.
Festival
de Nadal de Patinaxe
Data:
Domingo, 20 de decembro, ás 18h
Lugar:
Novo Pavillón de Deportes de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário