sábado, 12 de dezembro de 2015

ANDAINA FIN DE TEMPADA DE ANDATUI O 13 DE DECEMBRO

Coma todólos anos, o clube Andatui Rego da Pedra, organiza unha andaina para o remate, xuntarnos todos ó redor dunha mesa para xantar e contar as experiencias nas nosas andainas.
Este ano a andaina será pola cima do Monte Aloia, cunha distancia aprox. de 8 km. Saíremos ás 10:00 do Interfederado e ás 10:30 na capela de San Xiao (Aloia).
Ó remate da andaina, xantaremos no Restaurante O Robledo de Prado (Gondomar).
As opcións de menú:
a/ Entrantes e churrasco por 18€.
b/ Cocido compreto por 19€.
c/ Entrantes e bacallao por 20€.
d/ Entrantes e cabrito por 23€.
Tódolos menús levan viño ou refresco, pan, postre, café e chupito.
A data límite para poder anotarse para xantar, será o día 10 de decembro.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Para participar, apuntádevos aquí.

Sem comentários:

Enviar um comentário