domingo, 27 de dezembro de 2015

O martes 29 de decembro celébrase o I Torneo Exhibición de Bádminton en Tui

O próximo martes, 29 de decembro, de 11h a 14h, celebrase no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui, o I Torneo Exhibición de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e o Concello de Tui. No mesmo xogadores federados realizarán partidos de exhibición, poderán participar tamén tanto nenos/as como adultos interesados en coñecer este deporte.
Este será o primeiro torneo organizado polo recentemente creado Club Bádminton Tui, que da man de Marisa Giraldez e do adestrador Jacobo Vázquez, pretende promocionar este deporte entre a poboación tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário