domingo, 1 de maio de 2016

Área recreativa de San Omedio

Moitas das ‘Áreas Recreativas’ foron creadas polo empeño da gardería forestal, xunto ás comunidades de montes, por crear lugares de esparcimento en espazos con un  atractivo especial. Este é o caso de San Omedio, onde o garda forestal Francisco Diz, ao coñecer a existencia dos restos da ermida de San Omedio, e a singularidade do lugar, inicia o proceso, que hoxe en día continúa mellorando a Comunidade de Montes en Man común de Malvas, de crear esta fermosa Área.
  A Ermida de San Mamed  ou San Omedio restaurase no ano  1981, e celébrase a romaría do santo o segundo domingo de agosto.
  O arborado da Área é moi variado, as frondosas predominan no lugar das mesas, facendo desta Área un lugar moi fresco e agradable no verán, as coníferas envolven esta zona creando un contraste de cores. Así os carballos, liquidambar, cereixeiras, castaños, bidueiros, abetos de Douglas, alciprestes, piñeiros do país e americanos, sequoias etc. completan a singularidade deste lugar.
Concello:   Tui
Parroquia: Malvas
Lugar:        San Omedio
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   523127 Y 4656468
 Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )
                         - Fonte de Auga potable
                         - Bancos e mesas
                          -Asadores
 Acceso:            Coche: Si      Autobús : Non
in ANABAM

Sem comentários:

Enviar um comentário