sábado, 30 de abril de 2016

Este domingo realizarase o Trilho da Fortaleza dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade

A inscrición ten un prezo de 5€ e inclúe unha degustación de varios pratos de gastronomía lusa  
Este domingo, 1 de maio, dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado pola Eurocidade Valença-Tui, realizarase o terceiro dos percorridos programados neste ano 2016: o Trilho da Fortaleza. Sairá ás 10 hora española dende as Portas do Sol, na Fortaleza de Valença. A  distancia a percorrer será de 6 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas, e un grao de dificultade baixo.
As inscricións pódense a través do correo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com, ou a través dos móbiles 00351.934.440.770 e 607.785.601. Esta andaina terá un prezo de inscrión de 5€ por persoa e 3€ para menores de 12 anos. Neste Trilho da Fortaleza, os participantes poderán degustar varios pratos da gastronomía lusa, coincidindo coas xornadas gastronómicas en Valença de “Sabores da Aldeia”.
Para todos os participantes que non coñezan o punto de saída, establécese como punto alternativo o aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.40 hora española.
Toda a información relativa a estas andainas pódese consultar no Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”, ou a través das webs dos clubs organizadores, Celtas do Minho en Valença e AndaTui Rego da Pedra en Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário