segunda-feira, 20 de junho de 2016

Catro pintores amosan a súa obra na Oficina Municipal de Turismo

A Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando, acolle ao longo deste mes de xuño a obra de catro pintores. Trátase de Marta Docampo Cabaleiro que presenta acuarelas, Roberto Trigas obras en pluma e tinta china, Javier Trigas con lapis de grafito e Antonio Abalde que achega con distintas técnicas paisaxes galegos . Amais os que se acheguen ata a Oficina Municipal terán a oportunidade de ver traballar en directo a Antonio Abalde retratando distintos recunchos da cidade.