sexta-feira, 10 de junho de 2016

Concerto de Diego Molina en Tui

Diego Molina “el Garrapato” (coa colaboración de Miguel Fraile).
José Diego Molina Villanueva. Guitarra clásica.
Naceu en El Padul (Granada) onde comezou o estudio da guitarra aos sete anos baixo a tutela de Javier Gómez Hurtado. Estudiou con David Martinez e Ana Bocanegra no Real Conservatorio Superior “Victoria Eugenia” da súa cidade natal.
Iniciou a súa actividade guitarrística en concertos e concursos a idade de trece anos, e foi galardoado en varios concursos de guitarra tanto a nivel nacional como a nivel internacional :
Primer premio no festival internacional de guitarra Julián Arcas de Almería (2001,2002) na modalidade Antonio de torres Premio especial do Xurado no concurso de novos intérpretes do conservatorio profesional de Granada(2006) Terceiro premio no II concurso nacional de guitarra SCAEM (2008) Terceiro premio no concurso internacional José Tomás-Villa de Petrer (2011) Segundo premio no concurso “jóvenes interpretes” do RCSM Victoria Eugenia de Granada (2011) - Primeiro premio xuvenil no concurso internacional José Tomás-Villa de Petrer (2012)
A inquedanza musical deste intérprete levouno ao desenvolvemento de numerosos proxectos alonxados da música clásica tales como grupos de rock, conxuntos de flamenco, e incluso proxectos de poesía y teatro.
O xoven músico recibiu clases de grandes maestros como Eliot Fisk, Joaquín Clerch, Marco Socías, Carles Trepat, Manuel Barrueco, Alex Garrobé, e un longo etc.
Na actualidade Jose Diego Molina compaxina a guitarra clásica coa guitarra flamenca.
................................................................................
socios/as beta 2€
betuneiros/as de balde