O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias para gardar mañá martes, ás 12h, un minuto de silencio da casa do concello en sinal de repulsa polos feitos acontecidos na fin de semana en Orlando.
Dende o Concello convídase á cidadanía a participar neste acto co que se manifestará a consternación este graves e lutuosos feitos, ao tempo que servirá de mostra de apoio ás vítimas e as súas familias, e de rexeitamento ante actos de intolerancia coma este.
Sem comentários:
Enviar um comentário