domingo, 12 de junho de 2016

Trilitrate en Tui

Trilitrate é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como fin crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación; revelando influencias de estilos tan alonxados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademáis música étnica orixinal dentro de un universo propio. Esta atmósfera complétase mediante estímulos visuais xerados en tempo real.
Trilitrate formouse en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Orquestra Vigo 430, Suelen Estar Quartet), por Marcos Padrón ó acordeón (Orquestra de Música Espontanea de Galicia) e por Rubén Abad na guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera). Nese mesmo ano realizaron a súa primeira grabación
No 2013 incorpórase a videoartista Lau Iturralde, coincidindo coa segunda grabación do grupo (Faláchesme na Man) que están presentando actualmente.
......................................................................................
socios/as beta 5€
betuneiros/as de balde

Sem comentários:

Enviar um comentário