Alicia Araujo, Ignacio Vilaboa e Avelino Martínez, competiron en distintas disciplinas do campionato durante o fin de semana
Esta fin de semana celébrouse en Huelva o Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, no que o Concello de Tui teve tres representantes participando en cinco disciplinas deportivas, triatlón, natación, judo, jiujitsu e TCA.
Así, Alicia Araujo, policía nacional tudense, competiu na modalidade de natación en augas abertas e triatlón. A triatleta participou fai dúas semanas na triatlón Tui-Porriño, o que a serviu como un bo adestramento para ambas as dúas disciplinas.
Ignacio Vilaboa, militar con sede en Pontevedra, integrante do Judo Club Tudense, competiu na modalidade de judo.
Por último, o policía local do noso concello, Avelino Martínez, participou en varias disciplinas, natación en 50 metros libres, jiujitsu, judo, no que xa acadou ata seis preseas nas últimas catro edicións (Pontevedra, Valencia, Tenerife e Bruselas), e TCA, que é unha combinada formada por oito probas, cross de 5.000 metros, lanzamento de peso, 100 metros lisos, 100 metros de nado libre, trepa de corda, press banca, dominadas e carreira de obstáculos).
Sem comentários:
Enviar um comentário