terça-feira, 21 de junho de 2016

Mañá mércores comezan as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico de Tui

Mañá mércores, 22 de xuño, comezan as visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se realizarán en dúas quendas diarias ata finais de ano.  As visitas serán realizadas polo historiador tudense Suso Vila quen achegará aos interesados a historia, curiosidades, e datos de interese da zona vella tudense.
A visitas terán lugar de luns a venres ás 12.30h e ás 20h e os sábados, domingos e festivos ás 13h e ás 20h con carácter gratuíto. O punto de partida será a Praza da Inmaculada e non é preciso inscrición previa.
A visitas matinais serán á xudería e polas tarde realizarase un percorrido polo Tui medieval. O ano pasado máis de 2 mil persoas participaron nesta iniciativa