Dentro do ciclo “Cantos de preto e de lonxe” promovido pola Deputación de Pontevedra a cantautora Alba María ofrecerá un concerto mañá venres, 17 de xuño, ás 21.30h na Sala Félix Rodríguez.
Alba María formouse no CMUS de Vigo, na Escola Livre da Música Popular Galega, e é unha destacada poeta e regueifeira. Tras gañar o I Certame de Canción de Autor como premio gravou “Aínda” con arranxos de Alejandro Vargas e José Manuel Díaz. Canda ela no disco participan os músicos Pedro Pascual, Felipe Villar, Óscar Fernández, Carlos Freire e Gutier Álvarez.
Mañá en Tui presentarase en formación de cuarteto con Alba María na voz, Felipe Villar na guitarra, Manuel Díaz no contrabaixo, e Carlos Freire na batería.
Este concerto chega da man da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário