He aquí a primeira parada Wodeniana en nada máis e nada menos que a Asociación Cultural Betún, lugar entrañable e recoñecido polos habitantes de Tui e o resto da galaxia. Este 24 de xuño Woden fará o primeiro concierto deste Matufias & Pindongas 2016. Rógase puntualidade.
Se houbera que destacar unha sola cousa sobre o trío vigués de camisa negra e corbata turquesa, é o bo humor. Woden cansouse de ver tanta melancolía e seriedad na música. E sen deixar de lado a elegancia e a calidade, o bo rollo é o ingrediente principal que levan as súas cancións e actuacións. Woden é un grupo de rock con influencias de punk norteamericano, e con evidentes mostras do seu amor polo heavy metal da vella escola como Iron Maiden, pero pasando polo máis bailable do ska. Unha cousa esta clara, Woden sempre consigue que a audiencia non pare de baillar, mover a cabeza, e sobretodo, facernos a todos máis felices.
--------------------------------------------------
socios/as beta 2€
betuneiros/as de balde
Sem comentários:
Enviar um comentário