sábado, 11 de junho de 2016

Concerto de Pablo Carrera y Fernando Abreu en Tui

2uS" é un dúo composto polo guitarrista PABLO CARRERA e o clarinetista FERNANDO ABREU.
Son un grupo de música popular en toda a extensión da etiqueta. Sons da terra concentrados arredor dos músicos que levan a súa exemplar instrucción diaria en diversas formacións ata esta orixinal proposta. Cando se escoitan as súas cancións en directo, 2uS recórdannos que este planeta é tan grande, ou pequeno, como sexamos capaces de imaxinar. A súa elegancia no escenario desborda o tópico da mestizaxe. 2uS non son decoración folclórica ou fío musical para restaurantes de cocktail. A súa música tense que escoitar, sentir e deixarse levar ata as bodas de Bulgaria, as romerías de Galicia, os poboados de Africa , as praias de Brasil ou os clubs de Chicago. Espontánea e feliz; plural e callejera, pero sempre coa identidade destos dous -ou tres- instrumentistas de infinito gusto polo diferente.
Os primeiros traballos como dúo foron a creación de espazos sonoros para as obras de teatro "A Paz do Crepúsculo" (2003 Talia teatro) e "García" (2005 Teatro do Adro), nos dous espectáculos traballaron xunto ao director e autor Candido Pazó.
...............................................................................
socios/as beta 4€
betuneiros/as de balde

Sem comentários:

Enviar um comentário