Tres usuarios do Servizo de Adultos do Centro San Xerome Rosa, Borja e Miguel, xunto cunha das súas monitoras, achegáronse hoxe ata Tui para facer entrega ao concelleiro de Servizos Sociais do número 8 da revista “Aínda temos moito que andar” que edita o centro.
A revista comezou a editarse no curso 2009-2010 coincidindo co 30 Aniversario do centro. Aínda que comezou cunha periodicidade semestral, na actualidade edítase anualmente. No número 8, correspondente a este 2016, incorporouse o sistema de lectura fácil. Na mesma recóllense seccións coma as súas propias historias, entrevistas, reportaxes fotográficos, ou receitas de cociña.
Á revista está á venda ao prezo de 5€ na Tenda Atalaia do propio San Xerome na Guarda.
Sem comentários:
Enviar um comentário