segunda-feira, 27 de junho de 2016

O Conservatorio e a Escola de Música promoven o programa “Pon música na túa vida” para facilitar a elección de instrumento aos nenos de 7 a 10 anos

Contan coa colaboración dos centros educativos. Impartirán clases gratuítas a finais de mes de ata tres instrumentos
O Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música de Tui, en colaboración cos centros educativos tudenses, promoven o programa “Pon música na túa vida”. Vai dirixido a nenas e nenos con idades entre os 7 e os 10 anos interesados na música. Co mesmo búscase facilitarlles a elección dun instrumento cando se matriculen nun destes centros de estudos musicais facilitándolles experimenta cos instrumentos antes de decantarse por un deles.  Así os días 28, 29 e 30 deste mes de xuño en horario de mañá asistirán a clases de instrumentos, ata un máximo de 3 da súa elección.  Esta é unha actividade totalmente gratuíta. Os nenos interesados deben cubrir o formulario nos seus centro de ensino ou nas oficina do Conservatorio.