Un total de 12 solicitudes para realizar fogueiras de San Xoán foron presentadas no Concello de Tui por parte de distintos colectivos. Por parroquias houbo dúas en Pazos de Reis, en concreto en Frinxo e Circos, dúas en Rebordáns no Montiño e no antigo campo de fútbol do Mián, unha en Chan do Carrasco en Randufe, unha no recinto de festas de Santa María Magdalena en Ribadelouro, unha no Foxo en Caldelas, outra en Areas, outra no Campo do Cura en Malvas, no Alto das Penizas en Paramos, e dúas no casco urbano no aparcamento municipal e no aparcamento do Paseo Fluvial.
Cómpre lembrar as medidas de seguridade a ter en conta mañá á noite. As fogueiras realizaranse en buracos e terase a man mangueiras, extintores ou auga, e nas mesmas non se poderán queimar nin rodas nin plásticos. É preciso amais contar cunha caixa de primeiros auxilios e póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150 mil euros. Unha vez rematada a celebración a fogueira debe quedar completamente enterrada.
A realización de fogueiras de San Xoán sen a preceptiva autorización pode conlevar a imposición de sancións.
Sem comentários:
Enviar um comentário