quarta-feira, 15 de junho de 2016

SAN XOÁN - FOGUEIRAS

O Concello de Tui informa que ata o venres 17 de xuño está aberto o prazo para solicitar a autorización para a realización de Fogueiras de San Xoán. Os interesados deben cubrir o impreso normalizado, dispoñible na secretaría do concello ou na web municipal, e presentalo por rexistro de entrada xunto á documentación requirida (póliza de responsabilidade civil e plano de situación da fogueira).
No impreso farase constar o lugar exacto da fogueira, detallando a parroquia, aldea, rúa, tendo en conta que non se poderán realizar en terreos de natureza forestal ou que estean preto deles ou de vexetación susceptible de propagar o lume. Amais debe respectarse unha distancia mínima de 20 metros entre a fogueira e as vivendas, vehículos de tracción mecánica, depósitos de combustible ou almacén de substancias especialmente inflamables.
As fogueiras realizaranse en buracos e terase a man mangueiras, extintores ou auga, e nas mesmas non se poderán queimar nin rodas nin plásticos. É preciso amais contar cunha caixa de primeiros auxilios e póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150 mil euros. Unha vez rematada a celebración a fogueira debe quedar completamente enterrada

Sem comentários:

Enviar um comentário