O Concello de Tui esteve presente en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico, que celebrou a súa terceira edición en Silleda coincidindo coa 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Tui participou ao ter as súas festas patronais na honra a San Telmo declaradas de interese turístico galego.
Con posto propio duns 10 metros cadrados promociónanse os atractivos turísticos da cidade dende o río Miño ao Monte Aloia e o conxunto histórico, xunto á gastronomía, a cultura, o deporte... Fotografías de gran tamaño dunha vista da cidade dende Valença, da cruz do Monte Aloia, da Catedral e ou das rúas empedradas do conxunto histórico reclaman a atención do visitante. Folletos turísticos, información da oferta hostaleira e de restauración, ou do Camiño Portugués de Santiago achegouse aos que pasaron pola feira as claves para visitar Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário