Será do 11 ao 15 de xullo pódese participar a través de videoconferencia
O Campus Noroeste da UNED en colaboración coa Fundación Ciudad de la Energía e a Universidad de León organizan o primeiro Summer Course en Redes Sociales e primeiro Workshop de investigación en Análisis de Redes Sociais. Este curso trata o tema dende un prantexamento orixinal en tanto que combina os formatos de Congreso e Curso de Verán. Tamén inclúe na súa parte final o primeiro Campus Party organizado no Campus Noroeste da UNED. A súa vez, desenvolverase o tema dende unha triple perspectiva; en primeiro lugar, farase unha aproximación xeral ao concepto e análise das Redes Sociais, en segundo lugar tratarase a relevancia das Redes Sociais para o Desenvolvemento Territorial, por último, abordará aa potencialidade das Redes Sociais para o Marketing Dixital.
O curso terá lugar entre o 11 e o 15 de xullo en horario de mañá e tarde, con un total de 35 horas lectivas e está recoñecido con 1.5 créditos ECTS, 3 créditos de libre configuración e 3 créditos do Ministerio. As sesión poden seguirse a través de vídeo conferencia na Aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingos, na rúa Antero Rubín da nosa cidade.
Este curso de verán e workshop está dirixido a estudantes, investigadores e profesionais motivados pola metodoloxía da Análise de Redes Sociais e os tópicos máis emerxentes, como os aspectos de localización na rede, semellanzas entre actores, cohesión de relacións, transferencia de coñecemento, deseño da creatividade, optimización do rendemento, etc.. Nas sesións se utilizará o español, aínda que os alumnos poderán intervir tamén en portugués ou inglés.
As persoas interesadas poden acceder a información do curso e á matrícula on-line no mesmo a través da páxina:
Para a concelleira de Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración deste curso de verán da UNED consolida a oferta educativa da Aula Universitaria de Tui que ten ofertado unha amplo abano de actividades de formación ao longo de curso, que se completa agora con este curso sobre unha temática de tan alto interese e actualidade e impartido a través dun formato novidoso. A concelleira tudense agradece o esforzo que os responsables da Aula da UNED de Tui e do Centro Asociado da UNED de Pontevedra veñen realizando pola potenciación da Aula tudense enriquecendo de xeito moi notable a oferta académica e educativa desta cidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário