sexta-feira, 22 de julho de 2011

O Concello de Tui habilita estacionamentos gratuítos os domingos coincidindo coa peonalización do Paseo da Corredoira


Este luns, 25 de xullo, o paseo será tamén peonil por mor da festividade de Santiago ApóstoloO Concello de Tui vai habilitar a partir deste domingo aparcamentos gratuítos coincidindo co peche dominical do Paseo da Corredoira posto en marcha o pasado día 3 deste mes.
Os lugares habilitados para estacionar son o IES San Paio, na rúa Casal Aboy, e o IES Francisco Sánchez e o Conservatorio, na Avenida da Concordia. A apertura destes espazos coma zona de estacionamento é posible tras as xestións realizadas cos responsables destes centros educativos. O aparcamento nestas zonas será gratuíto e sen límite de tempo dentro do propio domingo. A próxima semana serán sinalizados axeitadamente para que tanto os tudenses coma aqueles que visitan Tui saiban onde poden estacionar.
Lembramos que o peche do Paseo da Corredoira faise, dende o cruzamento coa Praza da Inmaculada ata os soportais, os domingos de once da mañá á doce da noite. Esta medida aplicarase ata o 28 de agosto.
Amais este luns, festividade de Santiago Apóstolo, o Paseo da Corredoira será tamén peonil ao longo de todo o día.
O concelleiro de Tráfico, Ángel Gutiérrez, lembra que con esta medida búscase facilitar o seu disfrute deste espazo por parte da cidadanía, ao tempo que redunda tamén favorablemente na hostalería e no comercio local. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, pola súa parte da conta da boa acollida que nos tres primeiros domingo tivo xa a peonalización do Paseo da Corredoira.

Sem comentários:

Enviar um comentário