quinta-feira, 7 de julho de 2011

Tui Xogos Tradicionais

A Asociación de comerciantes e industrias de Tui ,ACITUI , en colaboración co Concello de Tui , dentro da súa programación de Vidas nas rúas 2011, informa que este sábado 9 de xullo haberán xogos tradicionais no paseo da corredoira a partir das 19:00horas.
Pasarase unha tarde inolvidable recordando os xogos tradicionais como son as carreiras de sacos, canicas, a comba, carreira de aros,etc. Haberá vales de compra do comercio asociado para os gañadores.ACITUI anima a todos aqueles que queiran pasar unha boa tarde a que se acerquen ata Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário