sexta-feira, 8 de julho de 2011

TUI ORGANIZA O GOBERNO MUNICIPAL

Moisés Rodríguez Pérez, alcalde do Excmo. Concello de Tui, ven de asinar as resolución mediante as que organiza o equipo de goberno municipal tudense que terá de dirixir o funcionamento do Concello de Tui nos vindeiros catro anos, das que dará conta no Pleno a celebrar o vindeiro luns ás 12,00 horas.
Neste sentido, ven de designar como membros da Xunta de Goberno local aos seguintes concelleiros:
  • D. Nicolás Lorenzo Montes.
  • Dna. Vanesa Rodríguez Pereira
  • Dna. Dorinda Olga Montes Moldes
  • D. Marcelino Enrique Cendón Álvarez
  • D. Manuel González Vázquez.
Establecendo que as sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar os xoves, cada quince días, ás 13:00 horas no Salón de Concelleiros da Casa Consistorial .
Ao mesmo tempo, o alcalde delega na Xunta de Goberno Local as seguintes funcións: licencias de obras, de apertura de establecementos, reposición da legalidade urbanística, recoñecemento de obrigas económicas, aprobación da oferta de emprego público, aprobacións dos instrumentos de planeamento non expresamente atribuídos ao Pleno, así como os instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización e infraccións das ordenanzas municipais.
Igualmente o alcalde ten designado aos membros da Xunta de Goberno Local como Tenentes de Alcalde, coa seguinte distribución:
1º TENENTE DE ALCALDE: D. Nicolás Lorenzo Montes
2º TENENTE DE ALCALDE: Dna. Vanesa Rodríguez Pereira
3º TENENTE DE ALCALDE: Dna. Dorinda Olga Montes Moldes
4º TENENTE DE ALCALDE: D. Marcelino Enrique Cendón Álvarez
5º TENENTE DE ALCALDE: D. Manuel González Vázquez
E finalmente ten confirmado o anuncio sobre as delegacións de competencias nos diversos concelleiros do grupo de goberno, que fican do seguinte modo:
  • D. NICOLÁS LORENZO MONTES: Conxunto histórico e rehabilitación, Deportes, Xuventude e Medios de Comunicación.
  • DNA. VANESA RODRÍGUEZ PEREIRA: Educación e Cultura.
  • DNA. DORINDA OLGA MONTES MOLDES: Parques e xardíns, mercado e praza de abastos.
  • D. MARCELINO ENRIQUE CENDÓN VÁZQUEZ: Facenda e Patrimonio.
  • D. MANUEL GONZÁLEZ VÁZQUEZ: Limpeza e recollida de residuos, cemiterio, parque móbil e servizos municipais.
  • D. ANGEL GUTIÉRREZ GONZÁLEZ: Seguridade cidadán, tráfico, protección civil e medio ambiente.
  • D. JOSE ANGEL VILLAVERDE ROCHA: Persoal, Formación e Emprego, Alumeado público.
  • DNA. RAQUEL LORENZO PIMENTEL: Servizos sociais, Muller, Turismo e Comercio.
O alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, expresa o seu convencemento de que este equipo de goberno, que mantén a estructura da candidatura presentada polo Partido Popular e que acadou a confianza maioritaria dos tudenses, abre unha nova etapa na vida municipal baseada no traballo, no esforzo e no compromiso permanente pola mellora de vida dos cidadáns. Un traballo, engade o alcalde Rodríguez Pérez, que xa queda patente no labor desenvolvida neste primeiro mes ou na defensa do servizo de ferrocarril entre Valença e Tui que lidera nesta días o Concello de Tui.
Por outra banda o Alcalde leva ao Pleno do luns a proposta de retribucións aos cargos municipais que son as seguintes:
1 Alcalde-Presidente: 45.150,00 € brutos
1 Dedicacións exclusiva Concelleiro: 33.600,00 € brutos
6 Dedicacións Parciais de 90 horas mensuais: 14.553,00 € brutos
A alcaldía propón tamén a creación dun posto de persoal eventual coas retribucións de 27.300,00 € brutos anuais, coas funcións de apoio ás tarefas diarias da alcaldía.
Estas retribucións supoñen un investimento maior que no anterior mandato municipal resultado de existir un maior número de membros do goberno municipal, pero cabe resaltar que mantense unha única dedicación exclusiva e as dedicacións parciais son de moi reducido custe.
Figuran tamén as compensacións por asistencias aos órganos colexiados da vida municipal a percibir por todos os membros da Corporación Municipal:
1.- Asistencia a sesións do Concello-Pleno.-
  • Alcalde: 231,39 Euros por asistencia
  • Concelleiros: 132,22 Euros por asistencia.
2.- Asistencia a Xunta de Goberno Local:
  • Alcalde: 231,39 Euros por asistencia
  • Concelleiros: 132,22 Euros por asistencia
3.- Asistencia a Comisións Informativas:
  • Presidente: 99,17 Euros
  • Concelleiros: 66,11 Euros.
En relación coas retribucións o Alcalde sinala, en primeiro lugar, a necesidade de contar cunha norma xeral de aplicación nos Concellos que regule os salarios a percibir polos cargos municipais en concellos de similar categoría para que non existan a discrecionalidade actual. En segundo lugar, as retribucións propostas están na mesma liña dos municipios de similares características a Tui como é o caso de Tomiño (Alcaldía 42.000 euros, dedicación 35.000), de Rianxo (Alcaldía 41.000, dedicación 36.900), Teo ( Alcalde 44.769), Mos (Alcalde 48.678, dedicación 29.242) etc. ou en similares parámetros que as establecidas en anteriores gobernos municipais tudenses. Resalta tamén que as dedicacións parciais teñen unhas retribucións moi reducidas e mesmo un dos concelleiros do goberno municipal non cobrará retribución algunha unicamente as asistencias a plenos e comisións.
Estas retribucións, engade o rexedor tudense, non supoñen en ningún caso un despilfarro de fondos públicos senón que seguen na liña de contención do gasto na vida municipal. Cómpre lembrar que a economía deste concello está boas condicións, sendo un dos 18 concellos de Galicia que posúe unhas contas axustadas tal como foi publicado recentemente na prensa e “esa responsabilidade correspóndelle en algunha medida ao anterior concelleiro de facenda e hoxe alcalde” subliña Moisés Rodríguez Pérez e nesa mesma liña seguirá traballando neste novo período e nesa mesma liña está esta proposta de retribucións axustadas ao que lle corresponde a un concello como é o de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário