Mañá mércores, ás 22h, o Teatro Municipal de Tui acolle un recital de Sancho Gracia baixo o título “Versos Bandoleros y canciones escondidas”. As entradas poranse á venda a partir das oito da tarde, no despacho de billetes, ao prezo de 10€.
Este espectáculo foi presentado polo propio Sancho Gracia acompañado do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez.
Sancho Gracia explicou que no espectáculo que presenta mañá no teatro vai dar lectura a poemas dos grandes poetas españois, comezando pola galega Rosalía Castro, e pasando por Lorca, Machado ou Jorge Manrique. No mesmo tamén vai cantar tangos e boleros. Manifestaba que esta montaxe ten un lugar preminente na súa carreira. Tamén gabou as cualidades do Teatro Municipal.
A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, puxo de manifesto o agradecemento do Concello de Tui por poder contar na cidade con este espectáculo. Mentres o alcalde, Moisés Rodríguez, manifestou que é un privilexio contar con Sancho Gracia en Tui, xa que considera que é un atractivo moi importante que actores de renome veñan á cidade. Nese senso engadía que “queremos que Tui siga sendo un referente nacional e internacional no eido da cultura, porque queremos traspasar fronteirizas con artistas de toda España e Europa”.
“Canciones escondidas y versos bandoleros” é un espectáculo poético concebido e pensado á medida do versátil e sorprendente talento de Sancho Gracia. O acto, que hai unhas décadas encarnou a Curro Jiménez, relatará historias da súa vida, contará verdades e mentiras, cantará e recitará poemas”. Sobre o escenario estará acompañado no eido musical por unha guitarra e un bandoneón.
Recital de Sancho Gracia “Versos Bandoleros y canciones escondidas”
Data: Mércores, 27 de xullo ás 22h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Venda de entradas: De 20 a 22h no despacho de billetes ao prezo de 10€
Dirixido por Miguel Narros e interpretado por o gran actor Sancho Gracia, é una delicia de espectáculo, unha bellísima e moi emotiva noite poética.
ResponderEliminar